1ª Edición 2015


O 21 e 22 de agosto de 2015 no Barco de Valdeorras (Ourense) celebramos a primeira edición do SilFest, un festival chamado a ser referente na provincia de Ourense e a engrosar a lista de grandes festivais que se celebran en Galicia.
O SilFest é un festival diferente, quixemos fusionar música, con catro bandas punteiras en Galicia e dúas bandas locais, e o cinema, con tres dos principais atractivos de Valdeorras: gastronomía, viño e natureza.
Cos datos das máis de 1.200 persoas que pasaron pola praia fluvial de Ou Malecón nesta primeira edición, non podemos facer máis que considerar o SilFest 2015 un éxito rotundo.