2ª Edición 2016


O 19, 20 e 21 de agosto celebrábase nas beiras do Sil a 2ª edición do SilFest.
Seguindo a tónica de festival multicultural e familiar da primeira edición, este ano a programación do SilFest aumentou en calidade e en cantidade. Os artistas participantes foron The Lákazans, Maryland, Big Crunch, Presumido, The Morgans, Correos, Los Íñigos e Cora Sayers.
Respecto ao resto de actividades, volveu o cinema a beiras do Sil da man da película “ Begin Again”.
Como novidade este ano celebramos o primeiro Poetry Slam nun festival, unha batalla de poetas amateur, que ademais adicamos ao poeta Valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. .
Tamén o domingo os nenos foron máis protagonistas xa que, durante todo o fin de semana, puideron gozar de obradoiros infantís e inchables.
Unhas 1.900 pasaron polo festival nesta 2ª edición.