3ª Edición SilFest Valdeorras 2018


A praia fluvial do río Sil, no Barco de Valdeorras, acollía os días 19, 20 e 21 de xullo de 2018, a terceira edición do festival multicultural e familiar SilFest Valdeorras.
O recinto desta cita valdeorresa reuniu a amantes da música e a cultura durante tres xornadas para gozar de grupos como Varry Brava, Diñeiro, Grises, The Parrots, Presumido, Inerttes, The Hándicaps, Los Íñigos, Sr. Jingles e Azor 91.
Esta terceira edición do SilFest Valdeorras, cuxo principal patrocinador foi a Denominación de Orixe Valdeorras, incluíu no seu programa catas e maridaxes, actividades na natureza como paseos en kaiak, eventos de poesía co espectáculo de “micro aberto” SilFest Dei-Versos e o recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, e cinema ao aire libre coas películas “O Gran Showman” e “Coco”. Os máis pequenos tamén tiveron o seu espazo no Mini SilFest, un festival paralelo ao SilFest Valdeorras, que ten lugar no mesmo espazo pero que conta coa súa propia programación infantil.
Máis de 1000 persoas apostaron por este festival multicultural e familiar na súa terceira edición