Zona de Acampada


O SilFest Valdeorras 2018 contará cunha zzona de acampada a 400 metros do recinto do festival, que estará aberta dende a 13:00 h do venres 20 ata as 16:00 h do domingo 22 de xullo.
Esta zona de acampada, é libre para os asistentes ao festival pero ten aforamento limitado que se cubrirá por rigorosa orde de chegada.
Na zona da acampada atópanse as Piscinas Municipais. Aquí, presentando a vosa pulseira do festival, teredes acceso aos aseos, vestiarios e duchas con auga quente as 24 horas do día.
Lembrade pasar primeiro pola entrada do festival para recoller as vosas pulseiras xa que serán imprescindibles para poder acceder aos baños e vestiarios. Durante a noite, a zona contará con seguridade. Igualmente recomendámosvos que non deixedes obxectos de valor nin diñeiro porque a organización non se fará responsable de ningunha posible subtracción.