*A compra da entrada supón a aceptación das condicións de venda do festival. Consultar condicións de venda aquí




Información sobre as entradas

Ao chegar ao SilFest Valdeorras terás que cambiar na entrada do recinto a túa entrada pola pulseira de acceso.
A pulseira darache dereito ao acceso e participación en todas as actividades do SilFest Valdeorras.
Algunhas das actividades teñen un número limitado de participantes.
Lembra que a pulseira é para os dous días, se cha quitas romperá e perderás o dereito para acceder ao recinto.

O SilFest Valdeorras 2018 ten 3 tipos de entradas:

- Entrada Xeral Adultos: 15€ + gastos de xestión (20€ en taquilla)

Acceso aos dous días de festival e todas as actividades dentro do recinto.
Entrada para maiores de 16 anos. Para acceder o recinto, os menores deberán presentar cuberta esta autorización.

- Entrada Mini SilFest: 4€ + gastos de xestión (6€ en taquillla)

Acceso aos dous días de festival e todas as actividades do Mini SilFest.
Entrada válida de 3 a 15 anos.
Menores de 3 anos entrada gratuita.
Para acceder ao recinto será obrigatorio ir acompañado de pai, nai ou titor/a e presentar cuberta esta autorización.
Ademais para cada neno/a participante os papás teredes que cubrir un documento que vos entregarán na primeira actividade na que participe o neno/a.
AAlgunhas das actividades teñen un número limitado de participantes e terás que inscribirche nelas previamente no propio festival. A participación nas mesmas farase por estrita orde de inscrición. Todas as entradas infantís serán comprobadas para confirmar a idade do asistente. Se non cumpre o rango de idade estipulado denegaráselle a pulseira e por tanto o acceso ao recinto.

- Entrada Xeral Adultos con visita a Adega da D.O. Valdeorras: 25€ + gastos de xestión (só venda anticipada)

Acceso aos dous días de festival e todas as actividades dentro do recinto + visita guiada a adega da D.O. Valdeorras con cata de 2 viños e un petisco da zona.
Maiores de 16 anos.
Este tipo de entrada só estará a venda ata o 17 de Xullo por motivos de organización.
A visita realizarase o sábado 21 de xullo de 11 a 13 h. A asignación da adega para visitar farémola mediante sorteo.
Desde a organización enviarémosvos un e-mail os días previos coa adega asignada e a súa localización así como instrucións específicas da visita.
Os menores de 18 anos non poderán catar os viños.