ACCESOS E ENTRADAS

A entrada é para os dous días, ¿Que pasa se só quero ir un dos dous?
A entrada ao SilFest Valdeorras é única para o acceso ao festival calquera dos dous días ou os dous. Non existen entradas de día
¿A que hora podo acceder ao recinto do festival?
O venres a partir das 16:00 h O sábado a partir das 10:00 h
¿Podo entrar e saír do recinto?
Si, unha vez teñas posta a pulseira poderás entrar e saír do recinto tantas veces como queiras.
Non teño entrada, ¿Podo comprar a miña entrada no propio festival?
Si, sempre que queden entradas dispoñibles. A venda das entradas farase na taquilla do Teatro Lauro Olmo, xusto en fronte do acceso ao recinto do SilFest Valdeorras. Igualmente lembra que a entrada en taquilla será máis cara. Así que che recomendamos que te fagas con ela anticipadamente ;)
Teño unha invitación, ou unha acreditación de prensa. ¿Onde teño que cambiala pola pulseira?
A/s acreditación/s de prensa terás que recollela na taquillla do Teatro Lauro Olmo. No caso de que teñas unha invitación terás que cambiala pola túa pulseira na entrada ao recinto.
Son menor de idade, ¿Podo acceder ao recinto? Que entrada me corresponde?
Si, podes acceder ao recinto, pero terás que traer impresa, cuberta e asinada a autorización correspondente que poderás descargar aquí. Se tes 16 anos ou máis a túa entrada é os Xeral Adultos. No caso de que teñas menos de 15 anos ou menos che corresponde a entrada Infantil, neste caso tamén terás que ir acompañado do teu pai, nai, ou tutor/a. O acceso para menores de 3 anos é gratuito.
Son menor de idade, ¿Podo comprar a miña entrada con visita a adega
Si,poderás visitar a adega a condición de que sexa acompañado dun adulto ou titor. Non poderás catar os viños na visita.
Teño unha entrada con visita a adega.¿Onde teño que ir para realizar a visita?
Dende a organización enviarémosche un e-mail coa información da visita, facilitándote os datos de localización e outras instrucións específicas. A asignación de adega realizarase por sorteo. O horario de visita é de 11 a 13 h así que terás que estar puntual ás 11 h na localización que che enviemos da adega asignada.
¿Podo acceder con comida e/ou bebida ao recinto?
Está prohibido o acceso ao recinto con comida e bebida.
No caso de ter algún tipo de intolerancia, alerxia, enfermidade ou outras circustancias, e teñas que acceder con comida ou bebida non tes máis que comunicarllo ao persoal da entrada. Este mesmo caso será aplicado cos nenos
¿Podo acceder coa miña mascota ao recinto?
A ordenanza municipal do Concello do Barco prohibe aos cans e outros animais baixar a esta zona do Río, así que sentíndoo moito a túa mascota non poderá acceder ao recinto do SilFest Valdeorras.
Está prohibido acceder ao recinto cos seguintes obxectos
• Obxectos cortantes e punzantes, e armas de calquera tipo
• Cintos de balas, cornos, accesorios con pinchos grandes, cadeas grandes, candados ou accesorios que poidan utilizarse como arma
• Bengalas, petardos ou demais elementos de artificio
• Paraugas
• Cámaras profesionais de foto e/ou vídeo
• Botellas, vidro, petacas, camelbaks, tapóns de botella
• Substancias ilegais
• Cadeiras, colchóns
• Bicicletas, skates ou similares
• Lanternas, láseres
• Instrumentos musicais

ACAMPADA

¿A zona de acampada é gratuíta?
Si, a zona de acampada é gratuíta pero para poder usar os baños, aseos e duchas terás que presentar a túa pulseira do festival. ¿A zona de acampada ten límite de aforo?
Si, a zona ten un aforo limitado que se completará por orde de chegada.
¿Podo acceder á zona de acampada cunha furgoneta ou caravana?
Non, a zona de acampada é exclusiva para tendas de campaña. Para Furgonetas ou Caravanas terás que estacionar no Parking específico de caravanas que atoparás no plano de localización.
¿Onde podo estacionar o meu coche no caso de que vaia á zona de acampada?
A escasos metros da zona de acampada atoparás un gran parking público para aparcar o teu coche. Consulta o plano para localizalo.
¿Podo ter comida e bebida na zona de acampada?
Si. Iso si, pedímosche que sexas respectuoso co medio e tires o teu lixo nos contedores e papeleiras habilitados.
¿Podo deixar cousas de valor na zona de acampada?
Desaconsellámolo encarecidamente. Recomendámosche que leves contigo as túas cousas de valor. A zona de acampada non conta con vixilancia privada máis que para a noite así que dende a organización non nos facemos responsables de calquera tipo de subtracción.

ACTIVIDADES

Quero navegar en Kayak polo Río Sil, Teño que pagar
Non, o uso dos kayaks é gratuíto para todos os asistentes ao festival, o único requisito é saber nadar. Tan só terás que asinar unha inscrición/autorización para poder usalo. Hai un número de embarcacións limitado, a quenda será por estrita orde de inscrición. O uso está limitado a 15 minutos por kayak. Lembra que estarán dispoñibles só a unhas horas concretas tal e como indica a programación do festival.
Son menor, ¿Podo navegar en kayak?
Si, podes navegar a condición de que saibas nadar e acompáñeche un adulto.
¿Está permitido bañarse no Río Sil?
Por suposto, está permitido, e recomendado ;)
Iso si, sempre con precaución. Aínda que na época do festival o Río adoita traer menos auga da habitual, actúa sempre con responsabilidade e precaución.
¿Está permitido o uso do rocódromo para todo o público?
Non, o rocódromo só poderano usar os menores de 16 anos.