Poesía

Jueves 19 de Xullo - Praza do Sagrado

SilFest Di-Versos

SilFest Di-Versos tratarase dun espectáculo onde calqueira persoa, amante desta disciplina poderá subirse a recitar uns versos, sexan dela ou doutro autor; é o que coloquialmente se coñece como micro aberto ou Jam sesión poética.
O evento contará coa participación activa do artista e actor corgomés Anxo Baranga, Irmán maior da Irmandade do poeta Florencio Delgado Gurriarán, quen compartirá escenario coa poeta e actriz Fátima Delgado. De novo teremos a reivindicación da figura do poeta corgomés, facendo lectura dramatizada e recital dos seus versos.

01

Venres 20 de Xullo - Recinto SilFest Valdeorras

Cantarenas do Viño; Cata e versos

Mesturamos e combinamos praceres mundanos e o mundo dos sentidos: o gusto, a vista e o oído. Este ano organizamos unha cata de viños especial, distinta, e quizáis única no mundo.
Os viños de Valdeorras, denominación de orixe, veranse acompañados polos poemas de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu grupo de poemas Dionisias (Cantarenas do viño), adicados aos viños da nosa bisbarra, decidimos seguir co noso apoio á súa obra e a súa candidatura para as Letras Galegas e combinar como na súa poética o viño e os versos.
Os participantes da cata, entre viño e viño escoitarán estes fermosos poemas e gozarán dos versos de Florencio en boca da poeta Fátima Delgado.

02