¡SilFest Valdeorras moito maís que un festival!

Festa Presentación en Ourense

Viernes 8 de Xuño 21:30h - Café Cultural Auriense

O venres 8 de xuño estaremos en Ourense facendo partícipe á xente e prensa ourensá da primeira festa de presentación do SilFest Valdeorras.
Terá lugar ás 21:30 horas no Café Cultural Auriense e contará cunha programación que inclúe un resumo da esencia e actividades do festival e o concerto de Habitación Vudú, unha banda que leva 4 anos dando guerra en cidades por todo o país, incluíndo varios concertos en Madrid, Comunidade Valenciana, Euskadi, Burgos, e de novo un multitudinario concerto na xa coñecida localidade lusa de Montalegre.
Por se isto fose pouco, na festa de presentación poderanse degustar empanadas de Valdeorras e viños da Denominación de Orixe desta comarca. A entrada será de balde.

Ourense
01

Festa presentación en Vigo

Viernes 15 de Xuño 21:00h - Sala Radar

O venres 15 de xuño ás 21:00 horas abriremos as portas de Sala Radar para a festa na cidade de Vigo. Neste caso contamos con Kings of The Beach como banda convidada. O seu son pódese definir como salvaxe, de praia e rápido, como un sopapo na cara. Comparados con Together Pangea, The Orwells, ou os mismísimos Fidlar, fardan de “un directo rápido, con suor e moitas hostias”. Participaron en importantes festivais ( Atlactic Fest, O Marisquiño, Black Bass...) e compartido escenario con bandas nacionais e internacionais que gozan de gran recoñecemento.
Neste caso, tamén compartiremos con todos vós empanadas e viños da D.O. Valdeorras e todo de balde, que a festa non pare! Vémonos en Sala Radar!

Vigo
02

Festa presentación en Santiago de Compostela

Viernes 22 de Xuño 20:00h - Bar Embora

A última festa de presentación terá lugar na capital galega, Santiago de Compostela o venres 22 de Xuño. Esta festa será ao aire libre no Bar Embora celebrando a case inminente entrada do verán e que só falta un mes para o Silfest Valdeorras. Será ás 20:00 horas e a banda KADETTGSI (si, si, como o coche!) será a encargada de poñer a música. Nacidos das cinzas de Pastillas Mamut e membros en activo de Disco Episcopal ou Aníbal Anisakis, estes 4 mozos volven á carga cun novo proxecto centrado na música electrónica onde dan renda solta a toda a súa bagaxe e influencias.
Composto por guitarra, baixo, programacións e moitos sintetizadores, o directo de KADETTGSI é “como gozar dunha pracenteira viaxe no asento do copiloto mentres te desprazas a través dos seus policromáticos paisaxes”, así mesmo defíneno eles no seu dossier que ten a mesma pinta que as instrucións do auto.
Como no resto de festas, a entrada é gratuíta, así como as degustacións de empanadas e viños da D.O. Valdeorras.
De verdade ídesvolo a perder?

Santiago
03